#follow20 - motion.gif

Festival de Deseño
9-13 Novembro 2020
Online & Praza de Lugo
Coruña

Unha celebración do deseño, poñendo en valor o tecido profesional galego e favorecendo a súa conexión co exterior e o seu achegamento ao gran público

Un festival 100% carbon neutral, cun completo programa de desenvolvemento sostible nos eidos ambiental e social

 

Edición 0

Punto de partida dun ambicioso programa, que terá o seu centro no lanzamento da Galicia Design Week o próximo mes de xuño, dentro de #follow21

Stories
Conversas
Showroom
Showcase

Creative Camp
Off

 

Stories

Serie documental sobre deseñadorxs galegxs

#follow20 - Lucía García Rey, The Campamento & Verónica Moar.gif
 

Lucía García Rey,
The Campamento &
Verónica Moar

Dende A Coruña, a directora de arte Lucía García Rey, quen traballou con Arket, Bimba y Lola ou Zara Home, comenta o seu proceso creativo e a súa relación con The Campamento, marca dedicada á moda infantil, e coa ceramista Verónica Moar

 
 

Costa &
NM Type

A axencia coruñesa de branding Costa conta a súa visión do deseño de marcas e a súa colaboración coa axencia santiaguesa NM Type, autora de tipografías, como Movement, recente European Design Award

 
#follow20 - Marco Oggian & Flaco.gif
 

Marco Oggian &
Flaco

O deseñador de orixe italiana e asentado na Coruña, Marco Oggian, fala do colectivo Flaco, do que é fundador, e da súa obsesión polo deseño, con proxectos para Samsung, Nike, Firefox ou Bershka

 
#follow20 - Dardo & Fundación Didac.gif
 

DARDO &
Fundación DIDAC

DARDO, estudio santiagués de deseño especializado en estratexia e produción de proxectos culturais, expón unha serie de iniciativas pioneiras en Galicia, como os seus proxectos editoriais ou a Fundación DIDAC para a divulgación e proxección do deseño e das artes contemporáneas

 
 

Castroferro &
Arturo Álvarez

O deseñador pontevedrés de iluminación Arturo Álvarez ensina o seu taller en Vedra dende o que alimenta numerosos proxectos arquitectónicos, como os do estudio vigués Castroferro

 
 

Conversas

Charlas temáticas entre creativxs galegxs

#follow20 - Conversas_Diseño & Estrategia.jpg
 

Deseño &
Estratexia

Coca Rivas
Directora de Estratexia e Deseño de Servizos en dxw
Deseño de servizos

Nuria Carballo
Directora da axencia creativa Unconventional
Deseño estratégico

Patricia Muñiz
Socia no estudio de arquitectura MMASA
Deseño de emerxencia

 
#follow20 - Conversas_Diseño & Comunicación.jpg
 

Deseño &
Comunicación

Artur Galocha
Director de arte e infografista
Infografía como ferramenta de comunicación

Marcos Dopico
Tipógrafo
Tipografía corporativa

Uqui Permui
Deseñadora gráfica
Deseño como comunicación cultural

 
#follow20 - Conversas_Diseño & Industria.jpg
 

Deseño &
Industria

Dani Bembibre
Director da axencia de branding Costa
Marcas

Isaac Piñeiro
Deseñador industrial
Isaac Piñeiro Design Studio
Produto

Lola Dopico
Directora da escola de moda ESDEMGA
Moda

 
 

Showcase

Espazo físico na Praza de Lugo da Coruña o luns 9 e o martes 10

Carpa con intervencións a cargo do colectivo Flaco e exposición #novodeseñogalego con módulos deseñados por Cenlitrosmetrocadrado e producidos coa colaboración de Finsa

 

#novodeseñogalego

Creative Camp

Portfolio Review dixital dirixido a estudantes e mozxs profesionais, que poderán compartir os seus proxectos cxs protagonistas do festival

Portfolios seleccionados:
Aldara Otero & David Barro
Bernardo Paz-Codesido & Marco Oggian
Elba Quinteiro & Marco Oggian
Elena López & Dani Bembibre
Jairo Alonso & Lucía García Rey
Javier Lago & Lola Dopico
Noelia Nuño & Lucía García Rey

 

Off

Programa paralelo online e offline

Mércores 11

Exposición Cosas de casa de Marco Oggian e Pablo Pulgar x Flaco

Xoves 12

Exposición Un lugar común. Derivas do deseño e da arte contemporánea e conferencia Breve historia do deseño en Galiza da Fundación DIDAC x Normal

Conferencia O Imaxinario de Luis Seoane de M.ª Antonia Pérez x Fundación Luis Seoane

Workshop CMF e tendencias en materiais dentro do ciclo online Materiais para o futuro no marco da Materioteca de Galicia x Axencia Galega de Innovación · GAIN

Encantaríanos que ocorresen máis cousas ligadas ao deseño en Galicia e traballaremos con ese obxectivo no futuro

 

100%
Carbon Neutral

Un compromiso imprescindible

A totalidade da pegada de carbono do festival (1,04 toneladas de CO2 eq) será compensada mediante a compra de dereitos de emisión a proxectos galegos sostibles coa colaboración da prestixiosa ONG británica A Greener Festival

#follow20 é gratuíto

Ausencia de ánimo de lucro, reinvestindo futuros beneficios nas sucesivas edicións do festival

Preferencia por electricidade de fontes renovables, usando un xerador solar para alimentar a carpa

Infraestrutura e materiais promocionais do festival reutilizados cada ano (carpa, xerador e pantallas), feitos con materiais reciclados (póster), en base a papeis fabricados con refugallos de algodón e sementes de tomate que poden plantarse (flyer) ou libres de pvc (vinilos)

 
 

Animación, Audiovisual, Branding, Dirección de Arte, Dixital, Editorial, Espacial, Experiencial, Fotografía, Gráfico, Ilustración, Moda, Packaging, Produto, Servizos, Son, Tipografía…

Consello Follow

Un consello asesor do festival con profesionais galegxs de referencia

David Barro

Codirector do estudio de deseño DARDO e director da Fundación DIDAC

Nuria Carballo

Directora da axencia creativa Unconventional

Dani Bembibre

Director da axencia de branding Costa

Lola Dopico

Directora da escola de moda ESDEMGA

 

You
Should
Follow
Us

 

Organiza

 

Patrocina

Colaboran

Dirección
Alex Rico

Produción
Follow e Joana Covelo

Sustentabilidade
Follow e Jone Pérez

Comunicación (descargas para medios)
Follow, Marga Toxo e Andrea Villa

Imaxe
Follow, Marco Oggian e Samu Canay

Audiovisual
Follow, Jonay PMatos e Cris Noda

Proxecto bene­ficiario do programa O teu Xacobeo